Friday 19 de April de 2024

O Concello de Noia felicita a Jesús Manuel Veiga Freire, subcampión júnior no Open de España de Taekwondo desputado en Alacante


O Concello de Noia felicita a Jesús Manuel Veiga Freire, da Escola de Taekwondo Maniotas, que esta fin de semana logrou o subcampionato de España Júnior de máis de 78 quilos no XVI Open Internacional de España desputado esta fin de semana en Alcante. O noiés do Maniotas acadou a prata logo de gañar tres combates e perder na final con Joaquín Francisco Fenollar Hernández, do Deportivo Olímpico, por un axustado 5-4.

O concelleiro de Deportes de Noia, Ramón Santos, salienta tamén a gran actuación realizada polos demais integrantes do equipo, onde os cadetes Lucía de la Iglesia e Hugo Trigo acadaron o 6º posto, quedando ás portas das medallas. Pola súa banda, os junior Isaac Blanco e Óscar Ortigueira caeron na primeira rolda. Finalmente, o sénior Alberto Verea e Sara Toucedo acadaron uns meritorios 14º e 10º postos, respectivamente.

O XVI Open Internacional de España congregou no Centro de Tecnificación Pedro Ferrándiz de Alacante a un total de 438 competidores de 47 países e 150 técnicos e árbitros internacionais. Por equipos, Rusia impúxose no medalleiro xeral, seguido por España e Turquía. Na categoría cadete, júnior e poomsaes tomaron parte máis de 1.300 competidores, sendo España a primeira clasificada nas tres categorías.